AVISO IMPORTANTE

éste NO ES un blog ni web oficial de ningún tipo, por tanto todas las informaciones que aquí aparecen
NO PODRÁN SER CONSIDERADAS COMO LA POSTURA OFICIAL DE IZQUIERDA UNIDA,
de ninguna de sus federaciones ni de sus grupos municipales,
para ello ya están las distintas webs oficiales de cada federación y asamblea local de IU

ACTUALIDADES

Llamamiento para la Refundación de La Izquierda

(pulsa dentro del área blanca con el botón secundario del ratón y luego "zoom-in" o "zoom-out" para ver la letra más grande o más pequeña) Llamamiento para la Refundación de La Izquierda clic aquí para firmar el llamamiento

Firmas al Llamamiento para la Refundación de La Izquierda

(pulsa dentro del área blanca con el botón secundario del ratón y luego "zoom-in" o "zoom-out" para ver la letra más grande o más pequeña) Firmas al Llamamiento para la Refundación de La Izquierda descárgate aquí la lista de firmantes en PDF

viernes, 1 de enero de 2010

"Que a Refundación permita a Esquerda Unida formar parte da esquerda que aposte pola construción da III República e do Socialismo do século XXI"


Executiva Nacional de Esquerda Unida

Prezados compañeiros e compañeiras:

A Executiva Nacional de Esquerda Unida quere desexarvos un feliz aninovo e que disfrutedes destas datas de maneira solidaria e responsable, como non podía ser doutro xeito nas persoas militantes e simpatizantes dunha organización que pula pola transformación da sociedade dende unha óptica de esquerdas alternativa e transformadora.

O 2010 semella ser un ano crucial na reconstrución do movemento de esquerda, xa que logo, a nosa organización apostou decididamente pola Refundación da esquerda na pasada IX Asemblea. Agora, despois dun ano de preparacións lanzamos o proceso de converxencia na que abrimos a nosa organización, a toda a cidadanía que comparte con nós a necesidade de transformar a sociedade na certeza de que outro mundo é posible.

O proceso de Refundación pode e debe marcar un fito histórico a nivel mundial, non en vano toda a esquerda europea está a ollar cara ao noso proceso para utilizalo de guía nos seus respectivos países, sabedores de que a apertura á sociedade é o único camiño para a súa transformación. Así pois, do éxito deste proceso dependen as esperanzas de millóns de cidadás e cidadáns de atopar un freo a maquinaria de pensamento único neoliberal.

A Refundación non é un proceso propio de Esquerda Unida, senón que debe incluír a toda a esquerda política e social alternativa e transformadora en torno a unha proposta política anticapitalista. Tampouco se trata de establecer relacións burocráticas entre Esquerda Unida e outras organizacións que por definición son autónomas e apartidarias, senón que o que se pretende e atraer aos activistas destas organizacións para que participen no dito proceso.

Pero para que a devandita Refundación transcorra polo camiño correcto necesitamos, máis que nunca, do traballo militante, xa que non cabe dúbida de que Esquerda Unida dispón da capacidade organizativa necesaria para levar a bo porto tan importante misión. Correspóndelles aos homes e mulleres de Esquerda Unida lanzar e liderar os distintos procesos que posibiliten a tan necesaria converxencia da esquerda transformadora.

Un esforzo militante que no noso país necesitará de folgos extras si queremos que a Refundación teña éxito, pois na Galiza contamos con dous problemas engadidos: por unha banda, loitar contra o desencanto que supuxo a decepción do fracasado goberno bipartito na xente de esquerdas (o mellor exemplo de que outra maneira de facer política é necesaria) e por outra banda, dispor dunha organización pequena, que si ben cada vez recibe máis apoios aínda ten moito que medrar como o demostra o feito de estar fora do arco parlamentar o que fai que sexamos transparentes para a maior parte dos medios de comunicación e que impide que a nosa mensaxe chegue con claridade a cidadanía.

O proceso de converxencia política e social é, sen dubida algunha, a clave da Refundación. As xentes de esquerdas debemos ser quen de construír un espazo de encontro aberto, plural, democrático, participativo e non excluínte ideoloxicamente. Un espazo de encontro que aglutine as xentes que forman as forzas políticas de esquerdas, as organizacións sindicais, ecoloxistas, sociais, altermundistas e culturais. En definitiva, trátase de aglutinar a todos os movementos que na sociedade civil se opoñen ao neoliberalismo e ao domino do mundo do capital.

Así, a Refundación da esquerda pretende ofrecer as condicións para que todo o que desexe participar no proceso de converxencia política e social poida facelo mediante a creación dun marco político que permita establecer un diálogo constante. É polo que dende Esquerda Unida ofrecemos, dende a humildade e o compromiso, a nosa estrutura organizativa para lanzar o dito proceso mediante a creación de diversas ferramentas participativas como foros, obradoiros, seminarios, charlas coloquio, manifestos, propostas ou encontros.

A finalidade da Refundación non é outra que construír programas de acción política que poidan ser postos na práctica de forma inmediata e que aglutinen a totalidade da cidadanía que aposta por cambios profundos que transcendan o esgotado sistema capitalista. Porque outro mundo non só é posible senón que é necesario. Así pois aspiramos a xerar unha nova organización política capaz de defender, difundir, dinamizar e poñer en práctica os programas políticos desenvolvidos democrática e participativamente por todas e todos, xa que logo, apostamos por unha nova forma de facer política onde os fluxos de información corren de abaixo a arriba, xusto todo o contrario que acontece coas forzas políticas convencionais que ao traballar dende arriba atópanse directamente presionadas polo poder do capital.

En definitiva, queremos que a Refundación permita a Esquerda Unida formar parte da esquerda que aposte pola construción da III República e traballe a prol da definición e implantación do Socialismo do século XXI. É dicir unha esquerda que non comulgue cas receitas neoliberais nin vexa na socialdemocracia unha alternativa global ao sistema capitalista.

César Santiso
Secretaría de Organización
Executiva Nacional de Esquerda Unida

1 comentario:

  1. A "Executiva Nacional de Esquerda Unida" ... ¿a qué nación se refire? Penso que no sexa a "España", porque si non e a España e vais seguir pola senda do nacionalismo, ides refundar o carallo...

    ResponderEliminar